Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid golea e defende a honra da Liga

O Real Madrid golea e defende a honra da Liga

Precisaba dun triunfo para acabar como primeiro de grupo e non tivo piedade do Celtic (5-1)

G24.gal 02/11/2022 21:40

O Real Madrid salvou a Liga española do ridículo e conseguiu o seu pase aos oitavos de final da Liga de Campións como primeiro de grupo. Necesitaba un triunfo para aseguralo e gañoulle ao Celtic escocés por un contundente 5-1. 

O partido quedou visto para sentenza antes do minuto vinte, cando Modric e Rodrygo acertaron en dous lanzamentos de penalti. Para colmo, o Celtic dispuxo dunha pena máxima antes do descanso pero Courtois estivo inmenso para detela. 

No segundo tempo foron caendo goles conforme pasaban os minutos. Marco Asensio, Vinícius e Fede Valverde completaron a man madridista e Jota anotou o do Celtic cando o partido esmorecía. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade