Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid festexa a Liga pensando en volver á Cibeles logo da final da Champions

O Real Madrid festexa a Liga pensando en volver á Cibeles logo da final da Champions

Nun acto privado o presidente da RFEF Pedro Rocha entregou a copa que os acredita como campións

G24.gal 12/05/2024 15:25

O Real Madrid celebrou este domingo o seu 36º título de Liga nunha celebración que comezou ás 10 da mañá coa entrega do trofeo por parte de Pedro Rocha, presidente da RFEF. Remataron coas visitas á Comunidade de Madrid, ao Concello e na praza de Cibeles e coa promesa de regresar o 2 de xuño coa 15ª Liga de Campións.

Oito días despois de certificar o título de Liga e logo da negativa, por "respecto", a recibilo en Los Cármenes diante dun Granada que podía descender, o equipo branco puido tocar o trofeo. Nun acto privado na Cidade Deportiva de Valdebebas foilles entregada a copa, logo do cal a expedición madridista subiu ao autobús rumbo á sede da Comunidade de Madrid. 

Alí foron recibidos por Isabel Díaz Ayudo que definiu ao Real Madrid como o "sinónimo do triunfo sen complexos" á vez que se amosou confiada en que o 2 de xuño poidan volver a celebrar a Champions. Os xogadores dirixíronse entón cara ao Concello, onde agardaba o alcalde, Martínez Almeida. Alí saíu o nome de Kylian Mbappé, despois de que uns nenos presentes do Palacio de Cibeles pediran a súa fichaxe a Florentino Pérez. 

Completados os actos protocolarios, o Real Madrid continuou en dirección á Cibeles, onde agardaban milleiros de afeccionados que comezaran a poñerse nos arredores desde as nove da mañá, catro horas antes de que o autobús convertible aparecese para a fin de festa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos