Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid resiste o asedio e elimina o City na quenda de penaltis

O Real Madrid resiste o asedio e elimina o City na quenda de penaltis

Rodrygo adiantou o Real Madrid e De Bruyne levou o partido á prórroga (1-1)

Lunin foi o heroe da clasificación realizando un gran partido e detendo dous penaltis na quenda

G24.gal 17/04/2024 22:23 Última actualización 17/04/2024 23:51

O Real Madrid puxo o traxe de traballo, tocoulle ser dominado, asediado, por momentos, polo Manchester City, pero conseguiu eliminalo. Logo do empate (1-1) no partido a eliminatoria decidiuse nos penaltis (4-3) a prol dos madridistas.

O City saíu a dominar pero atopou no minuto doce unha labazada das importantes co gol de Rodrygo que poñía o duelo a prol do Real Madrid. 

Despois chegou o dominio total do cadro celeste e a resistencia numantina arredor dun Lunin que estivo moi inspirado. Mérito para un conxunto que adoita dominar na Liga e ten no seu elenco de xogadores virtuosos aos que lle tocou a tarefa máis ingrata do fútbol. Pero tanto dominaba o City que acabou chegando o gol do empate a un cuarto de hora do final marcado por De Bruyne. 

O partido foise a unha prórroga en que o Real Madrid volveu estar engarrafado na súa área. Pero a mellor ocasión estivo nas botas de Rudiger no último segundo da primeira parte do tempo suplementario. 

Tivo que decidirse na quenda de penaltis, que comezou cun erro de Modric. Pero Lunin apareceu para deter o segundo e terceiro lanzamento do cadro inglés. O galego Lucas e Nacho non fallaron. No último lanzamento do Manchester, acertou o porteiro Ederson. E no último do Real Madrid Rudiger acertou coa portería para culminar outra fazaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar