O Real Madrid busca a oitava coroa mundial diante do Al Hilal
Benzema e Militao uníronse á expedición madridista en Rabat
Benzemá e Militao súmanse á expedición madridista en Rabat unha semana despois de caeren lesionados fronte ao Valencia. A chegada coincide coa candidatura do francés ao premio The Best 2022, onde competirá con Messi e Mbappé. A súa participación na final será unha incógnita ata o último momento.
O Real Madrid buscará a oitava coroa mundial ante o Al Hilal saudita. O equipo, dirixido polo arxentino Ramón Díaz, intentará que o trofeo vaia a Asia por primeira vez na súa historia.
Ancelotti volve ter dispoñibles a Asensio e Carvajal, ausentes na semifinal. Non viaxou finalmente Courtois, aínda afectado pola sobrecarga que sofre no abdutor esquerdo. O equipo prefire non correr riscos co gardameta. A súa baixa engádese á de Mendy e Lucas Vázquez.