Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid afronta o primeiro título da temporada contra o Eintracht

O Real Madrid afronta o primeiro título da temporada contra o Eintracht

A Supercopa de Europa medirá o momento de forma dos de Ancelotti

G24.gal 09/08/2022 21:13

Este mércores o Madrid xoga a Supercopa de Europa en Helsinki contra o Eintracht de Frankfurt. Os brancos atópanse xa en Finlandia con todos os efectivos do seu plantel. O adestrador italiano Carlo Ancelotti asegura que van ir a por todos os títulos en xogo este ano.

O Eintracht será o rival do Real Madrid. Chega á cita rumiando as últimas noticias sobre a marcha do seu xogador estrela, Kostic. E con ganas de poñer as pilas logo da malleira que levaron na liga alemá por parte do Bayern: seis a un. En Helsinki agardan que cambie o conto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar