Cargando resultados...
O Rácing topa co Barakaldo (0-0) no seu camiño á zona de promoción
O cadro vasco sae cuarto da Malata, nunha clasificación que se aperta co Racing décimo a so dous puntos
Foro: @racingferrolsad
G24.gal
22/03/2026 20:35
O Rácing tiña unha boa ocasión de dar un gran chimpo clasificatorio, na visita á Malata dun Barakaldo que chegaba con dous puntos máis. Pero os ferroláns non puideron acadar a vitoria, e co empate quedan de décimos, iso si, a dous puntos dun cadro vasco que sae cuarto de Ferrol.
O partido non tivo moitas ocasións. As mellores, no segundo tempo. Para os visitantes, un remate ao longueiro de Galarza. Para o Rácing, unha volea de David Concha. O balón perdeuse por pouco por riba do pau longueiro.
Pouco fútbol e ausencia de goles na Malata.
