Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing reforza a dianteira coa incorporación de Manu Justo

O Racing reforza a dianteira coa incorporación de Manu Justo

O dianteiro vigués asina por dúas tempadas no equipo ferrolán

G24.gal 29/06/2022 13:08 Última actualización 29/06/2022 13:10

O Racing fixo oficial esta mañá a incorporación de Manu Justo (Vigo, 26 anos) que asina por dúas tempadas no equipo ferrolán. É un xogador ofensivo, que pode actuar na posición de dianteiro ou media punta.

Formouse na canteira do Celta, onde se desenvolveu boa parte da súa carreira deportiva. Na pasada tempada formou parte do persoal do Racing de Santander, onde xogou como cedido por parte do Elxe.

Foi un dos habituais no once inicial do equipo cántabro, disputou 35 partidos e anotou sete goles.

É a segundo incorporación do Racing como reforzo para a próxima tempada tras a fichaxe do central Tomás Bourdal.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade