Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Racing recupera sensacións fronte ao Valladolid (2-0)

O Racing recupera sensacións fronte ao Valladolid (2-0)

Tras seis partidos sen vitoria, os ferroláns suman tres puntos para seguir preto do play off

Con 0-0 no minuto 8, os visitantes erraron un penalti

Foto de @laliga Foto de @laliga
G24.gal 17/03/2024 19:11

O Racing de Ferrol volve á senda da vitoria tras máis dun mes sen sumar de tres. A última vitoria ferrolá databa do 28 de xaneiro no Molinón; dende aquela, tres empates e tres derrotas que rebaixaron a euforia da primeira volta.

Na Malata, fronte ao Valladolid, un rival directo por loitar por un hipotético play off, os de Parralo recuperaron sensacións positivas. O inicio non era favorable: penalti de Álex López sobre Monchu que Marcos André lanzou ao traveseiro. A partir desa xogada o Racing comezou a animarse en ataque, e no 18 da primeira metade, Nico Serrano anotaba o seu primeiro gol coa camisola verde. Co gol, os galegos pausaron o encontro e levaron a iniciativa ata o descanso, ao que se chegou con ese 1-0.

O comezo da segunda metade foi semellante ao final da primeira, ata que no 62 de encontro Iker Losada anotou un gran gol para poñer marxe e tranquilidade aos galegos. Co 2-0, o Racing puido controlar o partido e non sufrir en exceso, e unha vez os visitantes quedaron con dez, pola expulsión de Tarrega, o partido quedou totalmente sentenciado.

Triunfo chave que deixa os de Parralo en novena posición con 47 puntos, a dous do play off e 17 por encima do descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos