O Racing pon a ollada na liga cunha costa de xaneiro moi empinada
Rematada a Copa, os vindeiros compromisos serán contra o Español, o Oviedo e o Sporting, tres aspirantes ao ascenso
Rematado o soño da Copa, o Racing volve centrarse na liga. Chega o primeiro encontro da segunda volta. Cristóbal chama o racinguismo a encher de novo a Malata.
Español e Real Oviedo virán á Malata o 13 e o 20 de xaneiro. Unha semana despois, o Racing visita o Sporting. Un calendario esixente no arranque deste 2024, que obriga a mirar só cara adiante tras perder na casa, un ano despois, e ante un Primeira, na Copa.
O Racing, equipo revelación no seu regreso ao fútbol profesional, rematou a primeira volta en postos de ascenso directo con 37 puntos. A permanencia está a tiro de pedra. Os de Cristóbal Parralo queren soñar con obxectivos máis elevados.