Cargando resultados...
O Rácing pon a directa cara á fase de ascenso (0-2)
Cun Héber Pena espectacular e dous goles de Joselu sumaron a terceira vitoria consecutiva e a oitava xornada sen perder
G24.gal
19/03/2022 19:12
O Rácing de Ferrol segue coa súa dinámica positiva e ascendente nesta 1RFEF. Tombou nas Gaunas á SD Logroñés grazas a dous goles de Joselu, ambos a pase dun Héber Pena de novo estelar e decisivo.
Joselu fixo historia, con eses dous goles chegou á cifra de 109 igualando a Pablo Rey como máximo goleador histórico do cadro departamental
É a terceira vitoria consecutiva dos de Cristóbal Parralo, oitava xornada sen perder!