Cargando resultados...
O Rácing perde en Avilés no último minuto (2-1)
Álvaro Giménez adiantou os departamentais, pero o cadro asturiano reaccionou e acabou conseguindo o triunfo cun gol de Javi Cueto
G24.gal
21/12/2025 20:18
O Rácing perdeu no campo do Avilés nun partido no que conseguira poñerse por diante cun tanto de Álvaro Giménez.
A derrota (2-1) déixao a oito puntos do Tenerife e con menos marxe de manobra con respecto ao terceiro clasificado. O Avilés conseguiu empatar antes do descanso grazas ao oportunismo de Santamaría.
No segundo tempo puido caer para calquera dos dous conxuntos, pero foi Javi Cueto, no 89, o que meteu a perna para superar a Parera e colocar o resultado final.