Cargando resultados...
O Rácing intentará explotar a condición de local para superar o Leganés
O partido xógase ás 20:00 horas e será televisado pola G2
G24.gal
06/12/2023 21:32
O Rácing xoga este xoves a súa eliminatoria de Copa. Será na Malata e ante o Leganés, líder da segunda. Un partido que poderán seguir en directo pola G2 a partir das 20:00 horas.
Cristóbal conta coas baixas de Moisés Delgado e Chuca, pero recupera a Fernando Pumar despois de dous meses lesionado. Os ferroláns contan co factor campo da súa parte na eliminatoria a a partido único, a Copa volve a Malata sete anos despois.