O Rácing de Ferrol xogará a fase de ascenso a Segunda División
Obxectivo conseguido. Logo 5 meses de 2022 cun rendemento espectacular o Rácing de Ferrol certifica matematicamente a súa participación na promoción de ascenso ao fútbol profesional logo de gañarlle 0-1 a Unionistas grazas ao solitario gol de Manzanara dende fóra da área.
E iso que os locais empezaron moito mellor ao partido. Nunha primeira parte sen demasiadas ocasións de perigo, Gazzaniga tivo que sacar dúas mans consecutivas para evitar o gol de Unionistas na ocasión máis perigosa dos primeiros 45 minutos.
Entrou mellor ao segundo tempo o cadro departamental, que pouco a pouco foi mellorando sobre o céspede. No minuto 66', nunha xogada illada de Joselu por banda dereita, Fran Manzanara conectou un disparo dende máis de 30 metros que bateu por baixo ao porteiro de Unionistas.
Foi o único tanto do partido co que o cadro de xogadores racinguista, diante de bastantes seareiros desprazados ao Reina Sofía, festexaron a súa clasifiación para o play-off