Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing colócase de segundo cun sufrido triunfo diante do Linense

O Rácing colócase de segundo cun sufrido triunfo diante do Linense

Manu Justo decidiu o partido cun golazo preto do descanso

Foto: @racingferrolsad
G24.gal 29/04/2023 21:26

O Rácing comeza con éxito a semana grande que o pode levar o liderado. De momento, desfíxose do Linense indo polo partido desde o primeiro minuto no que Álex López fixo lucirse a Varo nunha magnífica intervención.

Os homes do lucense Víctor Basadre responderon cunha cabezada de Jesús Muñoz o saque dun córner atallado por Gazzaniga.

Carlos Vicente volveu avisar para os ferroláns nun disparo que se lle marchou alto, pouco antes de que Héber reclamara penalti por derrubo de Varo que o colexiado non apreciou.

A cinco minutos para o descanso, o Rácing ía tomar vantaxe nunha contra de vertixe. Logo dun córner a favor dos andaluces, Carlos Vicente conduce e conecta con Manu Justo para que supere con calidade a Varo. Undécimo gol do dianteiro galego no presente campionato. Un tanto que provocou a admiración e sorpresa de Joselu, ausente por lesión.

A segunda parte comezou con polémica. Omar Perdomo reclamou penalti nunha acción con Enol Coto.

O Rácing puido aumentar as diferenzas noutra acción de luxo, esta vez de Héber Pena, que estrela a pelota no traveseiro.

E o seu substituto minutos despois, Jaume Jardí, tamén dispuxo dunha ocasión clara para poñer o dous a cero, pero cruzou demasiado o seu disparo.

O Rácing chegaba con perigo, pero non lograba pechar o marcador. Carlos Vicente contou con outra boa oportunidade, pero acabou caendo ante Delmonte. O final, un a cero para o Rácing que lle serve para meter presión aos seus predecesores antes de visitar Córdoba no partido que tiña atrasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade