Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing, co Real Madrid e As Palmas, permanece invicto e con só cinco goles en contra

O Racing, co Real Madrid e As Palmas, permanece invicto e con só cinco goles en contra

O Racing é o mellor equipo por puntos dos corenta da Primeira Federación

G24.gal 25/10/2022 15:42 Última actualización 25/10/2022 15:49

Só quedan tres equipos invictos entre os oitenta e dous que conforman as tres principais categorías do fútbol español: o Real Madrid, o As Palmas e o Racing de Ferrol.

Na cidade naval hai motivos para a festa. Nin os máis vellos do lugar, como dirían os clásicos, lembran unha temporada. O Rácing non só é o mellor equipo dos corenta da Primeira Federación por puntos. Tamén é o menos goleado, con só cinco tantos en contra.

Cobra maior dimensión o seu momento se se considera a súa traxectoria dende o comezo da segunda volta da pasada campaña. Desde febreiro só perdeu un partido. Acumula 15 consecutivos sen derrota na Liga regular, e vinte e dúas xornadas marcando. Acadou vinte vitorias nos últimos vinte e sete encontros. Gañou o 81 % dos partidos e fixo 66 puntos de 81 posibles. Cifras que abraian. Manter o ritmo actual dispararíao a unha proxección próxima aos cen puntos nesta Liga no final de campaña. Unha tolemia.

No 2022 está de moda o verde. Unha categoría máis abaixo hai outro galego líder e invicto que loce a mesma cor: o Arenteiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade