Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing volve amosar a súa mellor faciana como visitante

O Rácing volve amosar a súa mellor faciana como visitante

G24.gal 14/11/2021 21:06

O do Rácing fóra da casa hai que destacalo. Porque levan catro triunfos e dous empates en sete partidos, ou, se o prefiren, 14 dos 18 puntos. A desta xornada foi a cuarta vitoria consecutiva. Os galegos abriron a conta á media hora grazas a Dani Nieto, o xogador máis destacado do partido.

Xa na segunda parte, lograría empatar o Talavera, tras un servizo de Víctor Ruíz que acertou a cabecear Perales. Minuto 54. Pero lonxe de conformarse, o Rácing insistiu, sabedor da importancia dos puntos. Héber petou co pau e, cando so faltaban tres minutos pra a conclusión, Íñigo Alayeto conseguiu o tanto da vitoria. O pase, de Dani Nieto. Alayeto levaba dous minutos no campo, acababa de entrar.

1-2 para o Rácing. Vitora para alimentar ilusións e deixar o Talavera abaixo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos