Publicador de contidos

Publicador de contidos

O punto de PCR sen cita do hospital provincial de Pontevedra amplía horario

O punto de PCR sen cita do hospital provincial de Pontevedra amplía horario

O servizo incorpora un horario de mañá, de 10 a 14, e mantén o da tarde

Cada día fan unhas 500 PCR e detectan máis de 40 positivos asintomáticos

Non se pode acudir con síntomas ou cunha proba positiva de antíxenos

G24.gal 20/12/2021 14:58

Unhas 500 persoas pasan cada día por este punto de PCR sen cita do Hospital Provincial de Pontevedra. 

"A cola chegaba o xoves ao final do hospital". "Moita cola, a xente ten medo e quere estar segura", din algúns cidadáns desde a ringleira.

Reabriu na ponte de decembro e agora amplía o horario atendendo tamén polas mañás, de dez a dúas, a todos os que queren saír de dúbidas canto antes.

"Fun contacto de dúas persoas e por iso veño, para saír de dúbidas". "Quero que veña o meu netiño cear en Noiteboa". "Pola miña saúde e a dos meus maiores", explican os asistentes.

Dous postos de extracción e tres administrativos atenden este punto pensado exclusivamente para detectar positivos asintomáticos. 

"Veñen moitos contactos de positivos que non dan recibido a chamada da central de seguimento, iso está ben, pero o que non pode vir é xente con síntomas ou que dese positivo nos antíxenos", di Maika Abal, coordinadora de cribados da área sanitaria.

O empeoramento da situación sanitaria na área, con máis de 2.400 casos activos e máis de 220 contaxios en 24 horas, fan que medren as colas para facer esta proba gratuíta, agora tamén en horario de mañá.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar