Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE ve "desproporcionada" a condena a Ábalos e o PP insiste en pedir o adianto electoral

O PSOE ve "desproporcionada" a condena a Ábalos e o PP insiste en pedir o adianto electoral

Pedro Sánchez acode este mércores ao Congreso para falar sobre os casos de corrupción e a situación política

(EFE/Javier Lizón)
G24.gal 23/06/2026 16:04

Pedro Sánchez comparece este mércores no Congreso para falar dos casos de corrupción que cercan o Goberno. Testará o apoio do socios tras coñecerse a condena a 24 de cárcere de quen foi a súa man dereita, José Luis Ábalos. O PP cre que ao presidente só lle queda un camiño: dimitir e convocar eleccións.

O PSOE acata a condena de Ábalos, pero opina por medio do seu vocerio no Congreso, Patxi López: "Parécenos desproporcionada, podemos dicilo".

Máis se se compara coa imposta a Víctor de Aldama, que non terá que ir ao cárcere. "Ser corruptor neste país é que sae a conta", di López.

E o mesmo opina Sumar. "Víctor de Aldama é un ladrón", di rotunda súa voceira Véronica Martín.

Para o PP, estas críticas responden ao medo do que poida vir. "Por iso lles dá medo, Aldama foi o cómplice de Ábalos en todos os seus chanchullos, do mesmo xeito que Leire o é de Cerdán, no seus, igual que Julio Martínez nos de Zapatero", afirma Ester Múñoz, voceira dos popuares no Congreso.

Destes casos falará Pedro Sánchez no Congreso. Comparece este mércores e tentará calmar os ánimos dos socios. "Este Goberno quere continuar, pese a todas as pedras no camiño", asegura Sánchez esta mañá.

Pero Podemos cre que a situación xa é insostible, "É evidente que este Goberno e o presidente non serven", di Ione Belarra, a secretaria xeral da formación morada. "Todo e campaña electoral", sostén Belarra.

Pola contra, Bildu e o Bloque cren que a lexislatura debe esgotarse a pesar da condena do exministro. "O BNG non vai favorecer, nin por activa nin por pasiva, un goberno da dereita", aseguraba este martes Néstor Rego no Congreso.

O líder do PP volverá pedirlle a Sánchez que dimita e convoque eleccións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade