Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE reforza a maioría absoluta en Vigo e o PP, en Ferrol

O PSOE reforza a maioría absoluta en Vigo e o PP, en Ferrol

Segundo a enquisa de Sondaxe, o PP vencería en Lugo, Santiago e Ourense; o PSOE, na Coruña e o BNG, en Pontevedra

G24.gal 15/05/2023 11:11 Última actualización 15/05/2023 11:54

Segundo a enquisa diaria de Sondaxe que publica hoxe La Voz de Galicia, os socialistas Abel Caballero, en Vigo, e Inés Rey, na Coruña, sumarían un concelleiro máis, con respecto á enquisa de onte, mentres que o popular José Manuel Rey Varela asentaría a maioría absoluta en Ferrol, e apretase a pugna pola Alcaldía de Lugo, onde Ciudadanos podería manter un edil. 

De acordo con esta enquisa, o PSOE, co actual alcalde, Abel Caballero, á cabeza, conseguiría 20 concelleiros en Vigo, moi por diante do PP, que sumaría catro, mentres que Marea de Vigo quedaría con un e o BNG obtería dous representantes.

Na Coruña, a alcaldesa socialista Inés Rey mellora a estimación de voto ata conseguir 11 concelleiros. Por detrás situaríase o PP, con 10 actas; o BNG, con 4, e Marea Atlántica, con 2.

En Lugo, o PP gañaría as eleccións, con 12 concelleiros; sete obtería o PSOE da actual alcaldesa, Lara Méndez. O BNG conseguría 5, e Ciudadanos resistiría cun edil.

En Ferrol, afiánzase a maioría absoluta do popular José Manuel Rey Varela, que obtería 13 concelleiros, por oito do PSOE o actual alcalde, Ángel Mato; dous do BNG e outros 2 da Marea.

En Ourense, o actual alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensana, mantería os seus sete edís, pero o vencedor das eleccións sería o PP, con nove actas, seguido do PSOE, con sete concelleiros, mentres que o BNG obtería tres.

En Santiago, a enquisa dálle a vitoria ao PP, con nove edís. O actual alcalde, o socialista Xosé Bugallo, baixaría ata oito, o BNG conseguría cinco e Compostela Aberta, tres.    

E, por último, en Pontevedra, o triunfo sería para o BNG do actual alcalde Fernández Lores, con 12 concelleiros; o PP quedaría con nove, e o PSOE tería catro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade