Publicador de contidos

María Chivite necesitará unha segunda votación para ser investida presidenta de Navarra

María Chivite necesitará unha segunda votación para ser investida presidenta de Navarra

Non acadou a maioría absoluta necesaria en primeira volta

De repetirse este resultado, ten garantida en segunda volta a maioría simple para repetir no cargo

G24.gal 14/08/2023 18:52 Última actualización 14/08/2023 19:22

A candidata socialista María Chivite non conseguiu a maioría absoluta necesaria para ser investida presidenta de Navarra na primeira votación. De repetirse o resultado desta votación, a abstención de Bildu garántelle a maioría simple para repetir no cargo na segunda votación deste martes.  

Chivite asinou un pacto de Goberno con Geroa Bai e Contigo-Zurekin, a marca navarra de Podemos. No seu discurso reivindicou un goberno plural que reflicta o voto da cidadanía.

"A cidadanía votou maioritariamente convivencia, respecto e integración da pluralidade e da diversidade. Votou avanzar, votou si aos dereitos, non aos retrocesos. Votou por unha Navara foral dentro dunha España que avance no marco das autonomías que a propia constitución contempla", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos