Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE reúne os baróns na busca dunha postura común sobre financiamento

O PSOE reúne os baróns na busca dunha postura común sobre financiamento

Unhas comunidades defenden o criterio poboacional e outras, o do custo dos servizos

G24.gal 05/11/2021 16:05

O PSOE reúne os seus presidentes autonómicos para falar de financiamento coas posturas moi distanciadas. Dende Ferraz enmarcan este encontro entre baróns autonómicos e dirección dentro da máis absoluta normalidade, coa intención de buscar unha postura de consenso sobre o novo sistema de financiamento autonómico.

Pero o certo é que as posturas están moi afastadas: por unha parte, dende a Comunidade Valenciana, Ximo Puig aposta polo criterio poboacional como clave para o repartimento. Mentres, Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura ou A Rioxa avogan porque sexa o custo de servizos por habitante o criterio para definir o financiamento, xa que teñen unha poboación máis dispersa e máis envellecida,

Á reunión en Ferraz, presidida por Adriana Lastra, estaban convocados os presidentes autonómicos do PSOE, non así os líderes territoriais que non gobernan.

O obxectivo era tratar de fixar unha posición común respecto ao financiamento autonómico, tal e como advirten dende o Goberno. "Se se aborda en frontes está perdida, para chegar a un acordo en materia de financiamento hai que tender pontes", di Isabel Rodríguez, voceira do Goberno.

"Imos falar entre distintos partidos, parece razoable que intentemos achegar posicións todos", explicaba Emiliano García-Page, presidente de Castela-A Mancha.

O encaixe non semella doado, porque cada comunidade defende os seus intereses con independencia do partido que a presida. 

"Evidentemente non ten o mesmo custo ter escolas rurais de catro alumnos como eu teño en Asturias pola dispersión ou ter consultorios en vilas pequenas", aseguraba Adrián Barbón, presidente do Principado de Asturias.

"Nin frontismo entre comunidades nin contra o Goberno, trátase de garantir un estado do benestar potente", di Ximo Puig, presidente da Comunidade Valeciana.

O secretario de Política Autonómica do PSOE desvincula esta cita da reunión promovida por Alberto Núñez Feijóo para debater o financiamento. O encontro será en Santiago o día 23 deste mes, tras ser adiada, precisamente a petición do presidente estremeño para fixar unha posición común dos baróns socialistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade