Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSG sofre cun futbolista menos pero acaba festexando

O PSG sofre cun futbolista menos pero acaba festexando

Keylor Navas foi expulsado na segunda parte e o Nantes foi quen de empatar

Leo Messi marcou o seu primeiro gol en liga cos parisinos

EFE
G24.gal 20/11/2021 20:03

Un minuto tardou o Paris Saint Germain en poñerse en vantaxe no marcador, no que se aventuraba como unha goleada o seu favor, pero no que rematou sufrindo.

Mbappé desvía un lanzamento de Paredes para adiantar os parisinos que dispuxeron de claras ocasións no primeiro tempo rexeitadas polo meta Lafont.

O líder non rematou o seu rival e fíxollo pagar caro tralo descanso facendo traballar a Navas ata a súa expulsión por esta falta no minuto 65.

No seu lugar entrou o sevillano Sergio Rico, que nada máis poñerse na portería tivo que lucirse  nesta magnífica intervención. Foi pouco antes de que volvera aparecer para deter unha cabezada de Kolo Muani que aproveitou o rexeite para facer o un a un, malia os intentos do andaluz por evitalo.

Sen embargo, cando mellor estaba a xogar o Nantes recibiu un golpe decisivo con este tanto en propia meta de Appiah sete minutos despois.

O encontro pechouno definitivamente Messi cunha xogada marca da casa culminada co seu primeiro tanto na Liga Francesa. O final, tres a un para o París Saint Germain que se mantén no alto da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos