Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG, pendente do reconto de votos do que sairá o nome do vindeiro secretario xeral

O PSdeG, pendente do reconto de votos do que sairá o nome do vindeiro secretario xeral

As bases do PSdeG elixen o seu secretario xeral entre Caballero e Formoso

Estaban chamados a votar algo máis de 10.000 militantes socialistas 

G24.gal 30/10/2021 20:56

Tras semanas de campaña, a militancia socialista estaba chamada a decidir este sábado nas urnas quen vai ser o seu líder os vindeiros catro anos e, con iso, cal vai ser o seu proxecto, o de Caballero ou o de Formoso, e que rumbo vai tomar o PSdeG.

Os centros de votación das grandes agrupacións pechaban ás oito da tarde e comezaba o reconto.
Gonzalo Caballero durante a campaña reivindicaba un PSdeG "forte", "galeguista, feminista e ecoloxista" e pedía máis tempo para consolidar o seu proxecto.   

"Nas primarias se acertamos no proxecto sairemos todos máis fortes, cun PSdeG máis vivo, máis revitalizado capaz de facer fronte á era da Galicia postcovid. A miña preocupación son os galegos e as galegas e espero ter o PSdeG máis forte para poder servir a Galicia",  destacaba Gonzalo Caballero.

Valentín González Formoso insistía en que os socialistas galegos non poden resignarse a ser a terceira forza política en Galicia. Falaba de "compromiso", de "unidade" e de "integración" no seu proxecto para o PSdeG.

"Eu creo que no ADN persoal, na miña educación persoal, non concibo iniciar un proxecto para Galicia sen unidade e sen integración", asegurou González Formoso.

Haberá que esperar ao congreso nacional do PSdeG no mes de decembro para que o elixido nas primarias sexa ratificado como secretario xeral do partido.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade