Cargando resultados...
O primeiro ministro francés mantén o cargo tras aprobar o orzamento da Seguridade Social
A aprobación sae adiante por unha marxe de trece votos
O visto e prace facilita a tramitación das contas de 2026
G24.gal
09/12/2025 20:11
O primeiro ministro francés, Sébastian Lecornu, mantivo o posto este martes despois de que a Asemblea Nacional aprobara o orzamento da Seguridade Social por unha marxe de trece votos, un resultado que lle concede marxe política e permite avanzar na adopción das contas de 2026.