Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo da luz cae este domingo un 60 % e sitúase a cero euros en varias franxas

O prezo da luz cae este domingo un 60 % e sitúase a cero euros en varias franxas

A electricidade será de balde entre as 11:00 e as 12:00 horas, as 13:00 e as 17:00 horas e entre as 18:00 e as 19:00 horas

G24.gal 06/08/2023 09:22 Última actualización 06/08/2023 09:54

O prezo da electricidade no mercado almacenista esborrallarase este domingo un 59,17 %, ata os 28,15 euros o megawatt hora (MWh), o prezo máis baixo desde o 16 de abril, segundo os resultados da poxa celebrada este sábado.

O tope ao gas, que se instaurou para tratar de conter o prezo da luz, seguirá sen aplicarse, xa que a cotización do gas no Mercado Ibérico do Gas (Mibgas) para este domingo (28,27 euros o MWh) continúa por baixo dos 60,6 euros o MWh, o límite fixado polo Goberno para o mes de agosto.

Franxas a cero euros

O prezo da electricidade comezará a baixar durante a madrugada do domingo e non superará os 5 euros o MWh entre as 9:00 e as 19:00 horas, con varias franxas a cero euros: entre as 11:00 e as 12:00 horas, entre as 13:00 e as 17:00 horas e entre as 18:00 e as 19:00 horas.

A partir de entón, o prezo da luz repuntará ata alcanzar o seu máximo entre as 22:00 e as 23:00 horas, con 81,25 euros o MWh.

O prezo da luz en España sitúase lixeiramente por riba do de Francia (24,16 euros o MWh), pero por baixo do de Alemaña (57,91 euros o MWh), o Reino Unido (56,34 libras o MWh, uns 65 euros o MWh) e Italia (81,74 euros o MWh). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade