Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo da gasolina descende un 1,82 %, ata niveis do pasado mes de agosto

O prezo da gasolina descende un 1,82 %, ata niveis do pasado mes de agosto

Na semana entre o 3 e o 9 de outubro o prezo medio da gasolina foi de 1,719 euros por litro, en tanto que o do gasóleo foi de 1,682 euros

G24.gal 12/10/2023 11:57 Última actualización 12/10/2023 14:36

O prezo da gasolina e o gasóleo caeu un 1,82 % e un 0,29 %, respectivamente, na última semana, co que recuperaron os niveis de agosto a primeira e xullo a segunda, segundo os datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea divulgados este xoves.

O documento, que recolle os datos de máis de 11.400 estacións de servizo en España, indica que na semana entre o 3 e o 9 de outubro o prezo medio da gasolina foi de 1,719 euros por litro, en tanto que o do gasóleo foi de 1,682 euros.

Aínda que a guerra en Ucraína tivo un efecto inmediato nos prezos do petróleo e dos carburantes, aínda é pronto para avaliar o impacto que terá o ataque terrorista perpetrado por Hamas en Israel a pasada fin de semana e a resposta deste país, que pode derivar nun conflito a grande escala.

Desde comezos de ano, cando se deixou de aplicar o desconto do Goberno, o prezo da gasolina incrementou un 6,3 %, aínda que marcou un mínimo anual, en maio, de 1,576 euros. En canto ao do gasóleo, que chegou a caer ata 1,409 euros por litros, tamén en maio-, iguala agora o prezo da primeira semana de xaneiro.

Deste xeito, encher un depósito medio de 55 litros custa agora 94,5 euros no caso da gasolina e 92,5 no caso do gasóleo. Este mes foi o último no que se aplicou a redución de 10 céntimos ao prezo dos combustibles para os transportistas profesionais, debido a que agora -e ata final de ano- será de 5 céntimos. O prezo da gasolina marcou o seu máximo anual a finais de setembro, cando alcanzou 1,76 euros por litro, do mesmo xeito que o gasóleo, que alcanzou os 1,686 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade