Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente Pedro Sánchez viaxa mañá á zona do incendio de Zamora

O presidente Pedro Sánchez viaxa mañá á zona do incendio de Zamora

Sánchez pretende avaliar in situ a "dimensión" do incendio na zona e os danos causados polo lume

O Goberno aprobou este martes o Plan de prevención e loita contra incendios

G24.gal 21/06/2022 17:34 Última actualización 21/06/2022 18:12

O presidente Pedro Sánchez viaxará mañá á zona do incendio na Serra da  Culebra (Zamora) que arrasou máis de 30.000 hectáreas.

Segundo a ministra portavoz, Sánchez pretende avaliar in situ a "dimensión" do incendio na zona e os danos causados polo lume.

Precisamente, o Goberno aprobou este martes o Plan de prevención e loita contra incendios, que involucra doce ministerios e efectivos do Seprona, a  UME, os  Brif, os corpos das Forzas de Seguridade do Estado e a Fiscalía de Medio, e a posta en marcha dun servizo de avisos por SMS por fenómenos meteorolóxicos.

O Plan pretende previr, loitar contra os incendios e poñer de acordo todas as autoridades autonómicas e municipais, tras coñecerse hoxe nese informe que se produciron 8.780 incendios forestais en 2021, segundo Rodríguez.

Está enfocado sobre todo na "prevención para afrontar accións cada vez máis devastadoras ambientalmente, pero tamén sociais e económicas" nas zonas afectadas e involucra doce ministerios diferentes.

"É un dispositivo estatal que está xa presente nesta campaña", segundo Rodríguez, que contará co apoio de efectivos dos corpos das Forzas de Seguridade do Estado, entre eles 1.400 militares de Defensa, da Unidade Militar de Emerxencias ( UME) e 2.000 do Servizos de Protección para a Natureza (Seprona) da Garda Civil, da Fiscalía de Medio, as Brigadas de Reforzo de Incendios Forestais ( BRIF) ou dos axentes forestais, entre outros medios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade