Pedro Sánchez asegura que haberá vacina española antes de seis meses
O presidente visitou a planta onde se produce a vacina de Moderna
España doou 50 millóns de doses, sobre todo a Latinoamérica
Acompañado pola ministra de Sanidade, Carolina Darias, o presidente do Goberno visitou en Granada as instalacións dos laboratorios da farmacéutica que produce a vacina de Moderna contra a covid-19.
A planta producirá uns 300 millóns de doses de reforzo anuais, suficientes para toda a poboación da UE. Pedro Sánchez destacou o feito de que Moderna elixira España para consolidar a súa presenza en Europa, e reiterou que antes de seis meses haberá unha vacina española.
"E tamén apostamos pola vacina española, por unha vacina que se está producindo grazas ao apoio, entre outros, do Goberno de España. Imos ter a nosa propia vacina fronte á covid-19, díxeno o ano pasado e dígoo hoxe, antes de que acabe este primeiro semestre teremos a nosa propia vacina, a vacina española, demostrando que España tamén pode".
Neste mesmo acto, o presidente dixo que España doou 50 millóns de doses sobre todo a Latinoamérica e que Europa é o principal doador do mundo.