O presidente do Arenteiro reclama a construción dun novo estadio
Marnotes: "O futuro do club pasa pola permanencia na categoría e economicamente ser unha S. A. D."
O presidente do Arenteiro insta ao Concello do Carballiño a falar da construción dun novo estadio porque “o que non se pode é seguir poñendo parches a este Espiñedo”.
O presidente do Arenteiro Argimiro Marnotes e o director deportivo Álex Vázquez analizaron a actualidade do club. O directivo debullou as obras que están a facer no estadio de Espiñedo e á vez instou ao Concello de Carballiño a falar da construción dun novo estadio porque “o que non se pode é seguir poñendo parches a este Espiñedo”.
Destacou que as obras que se están facendo no campo e no céspede son grazas a unha subvención directa da Deputación de 150.000 euros e que ademais a Xunta outorgou outra de 50.000 para mellorar a iluminación.
Unha nova bancada, a zona de corredores, renovar os baños e unha sala de prensa son algunhas das accións que se están facendo ou que se prevé facer en breve.
Marnotes falou tamén sobre a viabilidade e o futuro da entidade:
"O futuro do club pasa pola permanencia na categoría e economicamente por ser unha S. A. D.".