Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente de Ucraína pídelle ao mundo declarar a Rusia "estado terrorista"

O presidente de Ucraína pídelle ao mundo declarar a Rusia "estado terrorista"

Moscova avanzou esta semana no Donbás máis que nun mes

G24.gal 29/05/2022 13:59 Última actualización 29/05/2022 14:11

Ucraína admite que a situación é cada vez máis difícil no Donbás e mesmo máis ao norte, na rexión de Khárkiv, sobre a que tamén está incidindo con dureza a ofensiva rusa.

O presidente reportou igualmente ataques máis arriba aínda de KhárKiv, en Sumi, que cualificou de insensatos e bárbaros.

Kíiv subliña que Moscova non deixa de dirixir os seus mísiles e morteiros contra obxectivos civís. Nas últimas horas informou de tres veciños mortos e cinco feridos só na rexión de Donetsk.

Zelenski pídelle ao mundo que declare a Rusia "estado terrorista" como reflicte, di, a realidade diaria creada polos ocupantes en Ucraína.

O presidente afirma que o exército do país superará tecnoloxicamente e en fortaleza as tropas rusas. Puntualiza que agarda novas boas de Occidente neste sentido esta mesma semana.

Resistencia ucraína

De momento, os combatentes ucraínos aseguran que van resistindo o envite inimigo. Negan, por exemplo, como se anunciou desde Chechenia, que os rusos tomaran Severodonetsk, o último bastión na case totalmente ocupada rexión de Luhansk.

Ucraína e Rusia acúsanse mutuamente do estancamento das negociacións. Moscova urxe a Kíiv a aceptar a realidade sobre o terreo e Kíiv dilles aos que lle recomendan ceder territorio que non pensan nas persoas afectadas e que ademais non traería unha paz real.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade