Cargando resultados...
O presidente da Xunta: "Perseguiremos ata o final" todos aqueles que están provocando incendios
Alfonso Rueda agradece o enorme traballo dos efectivos de loita contra o lume e anuncia contundencia contra os que provocan incendios
G24.gal
12/08/2025 20:31
Última actualización 12/08/2025 21:46
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu este martes o enorme labor que están facendo en todos os incendios de Galicia os equipos de loita contra o lume. Tivo unha especial lembranza para os tres brigadistas forestais feridos en Oímbra que permanecen hospitalizados, dous por queimaduras e un por un esvaecemento.
Rueda tamén asegurou que se ve a intencionalidade na maioría dos incendios e que se perseguirá ata o final aquelas persoas que planten lume.
O presidente galego fixo estas declaracións na súa visita deste martes ao centro operativo de Ourense.