Publicador de contidos

Publicador de contidos

Levantados os últimos confinamentos polos incendios nas residencias de Ourense

Levantados os últimos confinamentos polos incendios nas residencias de Ourense

Máis de 120 persoas confinadas preventivamente en residencias de Rubiá e Carballeda de Avia volveron ás instalacións 

Está previsto que os centros de día da Rúa e Vilardevós reabran este martes

G24.gal 18/08/2025 20:05 Última actualización 18/08/2025 20:14

A situación nas residencias de maiores que nos últimos días se viu alterada como consecuencia dos incendios que arrasan a provincia de Ourense normalizouse este luns.

Fontes de Política Social ratificaron que, a pesar de que no arranque do día máis de 120 persoas permanecían confinadas preventivamente en residencias de Rubiá e Carballeda de Avia, pola tarde levantáronse.

Ademais, todas as persoas evacuadas nos últimos días están xa no seu centro de orixe e está previsto que os centros de día da Rúa e Vilardevós reabran este martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade