Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente da Xunta lamenta que o alcalde de Vigo non quixera reunirse con el

O presidente da Xunta lamenta que o alcalde de Vigo non quixera reunirse con el

Abel Caballero responde a Rueda que non se reúne con el porque está instalado no "non a Vigo"

O PSdeG apoia a Abel Caballero e acusa a Rueda de propoñer unhas condicións para a xuntanza que atentan contra o respecto institucional

G24.gal 03/10/2022 16:21 Última actualización 03/10/2022 18:19

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, lamenta que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, opte por non reunirse este luns con el, tal e como lle propuxo no seu momento, perdendo a oportunidade de dicirlle “á cara” todas esas queixas cara ao Goberno autonómico que cada día expón nas súas conferencias de prensa.

“Como sempre, o alcalde de Vigo está nesa posición onde o que lle interesa é dicir que ten un motivo de confrontación coa Xunta de Galicia. Tantas veces nomeando á Xunta e cando ten a oportunidade de dicirllo directamente nunha reunión á cara, permítanme a expresión, ao presidente da Xunta, resulta que esa reunión non pode ter lugar”, dixo Rueda.

O presidente asegurou que nin sequera tivo comunicación oficial algunha por parte do alcalde de Vigo avisando de que non acudiría á reunión, o que tivo que deducir pola información aparecida nos medios de comunicación.

Rueda tiña previsto reunirse hoxe con Caballero na sede da Xunta en Vigo e en presenza da delegada do Goberno autonómico na cidade, Marta Fernández Tapias -tamén candidata do PP ás eleccións municipais de maio.

Caballero rexeitou repetidamente estas "condicións" cando foi cuestionado pola reunión en rolda de prensa nos últimos días.

E este mesmo luns, o alcalde Abel Caballero, enviou unha carta ao presidente da Xunta, na que lle explica que non se reuniu con el porque o ve en "o non a Vigo".

“Coa túa chegada á Presidencia, tratei de comprobar se a túa actitude con esta coidade era diferente e con ese obxectivo soliciteiche acordar unha reunión, pero non mostraches vontade algunha respecto diso”, escribe o rexedor vigués.

Por último, Caballero insiste en que a súa man “segue tendida para acordar ese encontro”.

 Pola súa banda, a dirección do PSdeG apoiou a decisión de Caballero de non reunirse co presidente galego xa que as condicións que pretendía impor o mandatario autonómico eran “absolutamente irrespectuosas” co Concello.

Así o sinalou en rolda de prensa o secretario xeral do PSdeG. Valentín González Formoso, lamentou que o presidente galego quixese forzar unha reunión que non ten como base o entendemento xa que “ningún pode impor condicións que se saian do respecto institucional”.

Ademais, cuestionouse como reaccionaría Alfonso Rueda se no seu encontro co presidente do Goberno participase o delegado do Goberno xa que “nunca se dá esa circunstancia”. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade