O presidente da comisión de festas de Matamá non declara polo sinistro do Saltamontes
O seu avogado pide o libre sobresemento e di que nin sequera cometeu unha infracción administrativa
O presidente da comisión de festas de Matamá acolleuse ao seu dereito a non declarar no xulgado de instrución tres de Vigo polo caso do accidente mortal do Saltamontes das festas da parroquia no pasado verán.
O seu avogado pedirá o seu sobresemento libre, considera que nin sequera cometeu unha infración administrativa. Que toda a responsabilidade recae no concello e no propietario da atracción.
Non o ten tan claro o avogado da moza sobrevivente que segue a pedir tamén que declaren os responsables municipais.
Cristian González si falou coa prensa e apuntou a dor que lle produce lembrar o trauma e o apoiado que se sente tanto polos seus compañeiros de comisión como pola veciñanza de Matamá.