Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG insístelle ao Goberno para que se cubran todas as prazas MIR

O PPdeG insístelle ao Goberno para que se cubran todas as prazas MIR

Acusan o Goberno de non actuar ante o déficit de médicos especialistas na Atención Primaria, un problema, dixo a secretaria xeral do PPdeG, que afecta a todas as comunidades 

G24.gal 22/06/2022 14:35

Na crónica política galega, o Partido Popular, tras unha reunión interna da comisión de sanidade, acordaron dirixirse de novo ao Goberno para reclamarlle que se cubran as prazas MIR que quedaron desertas na última convocatoria.

Acusan o Goberno de non actuar ante o déficit de médicos especialistas na Atención Primaria, un problema, dixo a secretaria xeral do PPdeG, que afecta a todas as comunidades.

 "Estamos falando de que a Atención Primaria é un problema nacional e lonxe de minguar medrará nos próximos tempos. Desde o Partido Popular pedímoslle ao Goberno encabezado polo señor Sánchez que deixe a folga de brazos caídos e asuma as poucas competencias que teñen en materia sanitaria", dixo Paula Prado.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade