Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP pide imputar as fillas de Zapatero no caso Plus Ultra

O PP pide imputar as fillas de Zapatero no caso Plus Ultra

Os populares entenden que a empresa da que son administradoras as fillas de Rodríguez Zapatero recibiu cartos da trama como parte do acordo do expresidente do Goberno e o empresario Julio Martínez

G24.gal 08/06/2026 14:16

O Partido Popular pide ao xuíz da Audiencia Nacional que investiga o caso Plus Ultra que cite como investigadas as fillas de José Luis Rodríguez Zapatero.

Os populares entenden que a empresa da que son administradoras as fillas de Rodríguez Zapatero recibiu cartos da trama como parte do acordo do expresidente do Goberno e o empresario Julio Martínez. Tamén solicitan a citación como investigados de José Luis Ábalos e Koldo García. Borja Sémper dixo que "todas as persoas que puideron cometer un delito dean contas ante a xustiza".

Unha petición que chega o mesmo día que El Confidencial publica que as xoias que gardaba Rodríguez Zapatero poden ter un valor de un millón de euros. Superaría ampliamento a estimación, entre 30 e 50.000 euros, realizada polo círculo do expresidente. Os expertos, sinala este xornal, identifican diamantes, rubís e esmeraldas. 

Rodríguez Zapataro declarará na Audiencia Nacional a vindeira semana. Está imputado no caso Plus Ultra polos delitos de organización criminal, tráfico de influencias e falsidade documental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade