Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP ofrécese a Sánchez para aplicar un 155 educativo en Cataluña

O PP ofrécese a Sánchez para aplicar un 155 educativo en Cataluña

Propón intervir as competencias se non se cumpre a sentenza sobre o castelán

Advirte a Sánchez que prevaricará se non obriga a Generalitat

Antón Montero 24/11/2021 19:33

A Consellería de Educación catalá envioulles aos directores das escolas unha carta instándoos a seguir aplicando como ata agora o modelo de inmersión lingüística. Pere Aragonès confirmou que non van acatar a última sentenza do Tribunal Constitucional.

"O catalán na escola non se toca. E o que demandamos ao Goberno do Estado desde o Goberno de Cataluña é un claro compromiso de defensa do modelo de inmersión lingüística que hai hoxe en Cataluña", dixo Aragonès.

O executivo central non se molla. Di que a execución da sentenza lle corresponde ao tribunal e que as competencias educativas están en mans das autonomías. O Partido Popular anima o Goberno a intervir esas competencias se a Generalitat segue en rebeldía.

"Pedro Sánchez ten a obriga de defendelo ou sen non podería estar prevaricando. E eu ofrézolle os nosos senadores para que, se ten que aplicar o artigo 155 só neste ámbito, o faga", dixo Casado. 

Felipe Sicilia, voceiro do PSOE, cre que "o señor Casado estase poñendo xa moi por diante do que poida acontecer. Deixemos polo menos o tempo que a propia sentenza pode dar para que a Generalitat cumpra".

O Constitucional rexeitou este martes o recurso da Generalitat contra a sentenza que obriga a impartir en castelán o 25% das clases en Cataluña. O Goberno catalán ten dous meses para executala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade