O PP explicou aos gandeiros de Lugo que o lobo vai deixar de estar protexido
Ata o de agora era unha especie protexida, a pesar dos prexuízos que causa no gando
Os gandeiros galegos contan cunha nova medida de protección ante os ataques do lobo, logo de que esta animal deixe de estar protexido.
Representantes do Partido Popular veñen de xuntarse con varios gandeiros aos que lles explicaron as novidades sobre esta situación.
Ata o de agora non se permitía cazar o lobo, polos requisitos que había.
Confían en que a medida se acompañe de xestións que favorezan o equilibro entre a actividade gandeira e a presenza do lobo.
Para o deputado popular no Congreso Francisco Conde significa acabar cunha "situación anómala que prexudica os gandeiros", e para a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, "frear unha situación incomprensible".