Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo convoca os baróns do PP a un cume sobre financiamento autonómico

Feijóo convoca os baróns do PP a un cume sobre financiamento autonómico

O líder dos populares anunciou na interparlamentaria do partido que a cita será en Aragón o vindeiro 18 de xaneiro

Miguel Tellado cualificou de "infamia" e "corrupción política" o "pacto" entre Pedro Sánchez  e Oriol Junqueras

Fontes populares aseguran que Paco Salazar vai comparecer no Senado polo caso Koldo antes das eleccións de Aragón

Feijóo con Tellado, Rueda e Bendodo na reunión interparlamentaria EFE/Cabalar Feijóo con Tellado, Rueda e Bendodo na reunión interparlamentaria EFE/Cabalar
G24.gal 10/01/2026 12:42 Última actualización 10/01/2026 20:04

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, convocou este sábado os baróns do partido a un cume sobre financiamento autonómico que terá lugar o vindeiro 18 de xaneiro en Aragón.

A cita anunciouna na súa intervención, a porta pechada, na primeira xornada da reunión interparlamentaria do PP que se celebra na Coruña, segundo informan a EFE fontes do partido.

O PP tamén adiantou que os seus conselleiros pediranlle á vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, que ofreza o detalle da métrica e os conceptos que non se explicaron do novo modelo na próxima reunión do Consello de Política Fiscal e Financeir.

Fontes do partido adiantaron ademais que nesa xuntanza, que se celebra o mércores, volverán levar como documento inicial para sentar a falar a proposta presentada no cume de baróns celebrada en setembro de 2024.

Financiamento "xusto e solidario"

Pola súa banda, o secretario xeral do PP, Miguel Tellado, asegurou que cando Alberto Núñez Feijóo chegue á Moncloa lanzará, no prazo dun ano, un novo sistema de financiamento autonómico "xusto, solidario" e "bo" para o conxunto do país.

Na súa intervención na reunión interparlamentaria, referiuse ao "pacto" do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, co líder de ERC, Oriol Junqueras, para "repartirse o diñeiro de todos os españois" e "comprar" o apoio do separatismo.

Para Tellado, o que ocorreu esta semana co acordo sobre financiamento autonómico é "outro pau para os cidadáns que cumpren e premio para os independentistas que manteñen a Sánchez no poder".

Agregou que ademais dunha "infamia", é tamén "corrupción política". Por iso asegurou que tan pronto como o seu partido chegue ao Goberno reverterano e mellorarán o financiamento autonómico en "absolutamente" todas as comunidades autónomas.

Comisión do caso Koldo

O secretario xeral do PP, Miguel Tellado, tamén se referiu á citación do exdirixente socialista sevillano e exasesor de Moncloa Paco Salazar na comisión de investigación do caso Koldo no Senado.

Fontes populares aseguran que a comparecencia terá lugar antes das eleccións de Aragón que se celebran o vindeiro 8 de febreiro. Nestes comicios, o presidente, Jorge Azcón, opta á reelección, coa exministra Pilar Alegría como candidata socialista.

"Imos citarlle para que nos conte que é o que sabe, que é o que viu en Ferraz e cal foi o seu papel dentro da presunta organización criminal na que Pedro Sánchez converteu este partido", apuntou sen determinar a data.

Segundo o secretario xeral do PP, Salazar é "o quinto pasaxeiro do Peogeot" e está dentro da "trama" na que está imputado todo o núcleo duro de Pedro Sánchez polo que o PP lle vai obrigar a "render contas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade