Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP de Lugo rexistra a moción de censura

O PP de Lugo rexistra a moción de censura

Os representantes do PP no consistorio lugués e a concelleira non adscrita María Reigosa, que fora na candidatura socialista, comparecen para explicar o pacto contra o Goberno bipartito lugués ás 14:15 horas

O alcalde, Miguel Fernández, ten previsto comparece ás 15:30 horas no concello

directo
G24.gal 22/04/2026 12:29 Última actualización 22/04/2026 14:13

O Partido Popular rexistrou a moción de censura no Concello de Lugo, que presumiblemente derrubará o Goberno bipartito formado por socialistas e nacionalistas co apoio dos seus doce concelleiros e da edila non adscrita, María Reigosa, quen hai tan só unhas semanas formalizou a súa saída do grupo municipal do PSdeG.

Fontes do PP confirmaron que foi o viceportavoz do grupo municipal e portavoz na Deputación, Antonio Meijide, o encargado de presentar formalmente no rexistro municipal o documento coas trece firmas.

Rexistrada a moción de censura, a portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Elena Candia, convocou a prensa para as 14:15 horas nun céntrico hotel da cidade, onde comparecerá acompañada pola propia María Reigosa, para explicar o pacto alcanzado para presentar a moción de censura para facerse co goberno da cidade.

O Partido Popular necesita o voto de María Reigosa, quen fora na lista do PSOE nas pasadas eleccións e que entrou en outubro na corporación local de Lugo, en substitución do falecido Pablo Permuy, e hai unhas semanas formalizou a súa saída do grupo municipal do Partido Socialista.

A tensión creceu nas últimas horas tanto no Consistorio como no ámbito político autonómico, aínda que os contactos se incrementaran desde hai días e dábase por feito que a iniciativa se presentaría nesta semana.

O PPdeG, con Alfonso Rueda e Paula Prado á fronte, deu luz verde a esta iniciativa co argumento de que os populares foron os máis votados e teñen "dereito" a gobernar.

Nesta mañá de mércores, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou o equipo municipal para mostrar o seu apoio ante a situación que se está vivindo.

A responsable nacionalista acusou directamente a Rueda de permitir "este atropelo democrático", e censurou a actitude de Elena Candia polo seu "afán desmedido de poder, utilizando a morte de tres concelleiros para facerse coa alcaldía".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade