Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP acorda con Vox gobernar en coalición a Comunidade Valenciana

O PP acorda con Vox gobernar en coalición a Comunidade Valenciana

Vox ocupará a presidencia do Parlamento valenciano

Sáenz de Buruaga será presidenta de Cantabria apoiada polo PRC para evitar a entrada de Vox no executivo autonómico

Equipos negociadores de PP e Vox (EFE / Manuel Bruque) Equipos negociadores de PP e Vox (EFE / Manuel Bruque)
G24.gal 13/06/2023 13:06 Última actualización 13/06/2023 15:33

 O PP e Vox alcanzaron este martes un principio de acordo "firme" para configurar un Goberno de coalición na Comunitat Valenciana, que presidirá o popular Carlos Mazón e no que Vox terá unha "participación decisiva" e ademais ocupará a presidencia do Parlamento valenciano.

Así se acordou tras unha reunión de dúas horas e media entre o PP, o partido gañador das eleccións autonómicas, e Vox, cuxos 13 deputados son decisivos para que os populares alcancen a maioría absoluta.

A falta de concretar cantas consellerías terá cada partido -o PP unicamente avanzou que haberá menos carteiras e menos altos cargos que agora-, si se acordou xa que na Mesa das Corts Vox terá a presidencia e o PP a vicepresidencia e a secretaría primeiras.

Carlos Flores non estará no Goberno

A reunión produciuse un día despois de que a dirección nacional do PP afirmase que non debería dedicarse a política unha persoa condenada por violencia machista, como é o caso do candidato de Vox á presidencia da Generalitat Valenciana, Carlos Flores, de quen os populares valencianos dixeran que non poñían vetos a ninguén.

Finalmente, Flores non estará no goberno de coalición co PP porque el mesmo anunciou tras asistir á reunión negociadora que dá "un paso diante" e será o cabeza de lista de Vox por Valencia nas eleccións xerais do 23 de xullo, pois xa terminou a tarefa que se lle encargou e destacou que nunca dixo en campaña que fose ser vicepresidente ou conseller.

Cantabria

Por outra banda o PP e o PRC chegaron este martes a un principio de acordo para investir presidenta de Cantabria á candidata popular María José Sáenz de Buruaga á fronte dun goberno en solitario, sen Vox no Executivo. 

Así o avanzaron aos xornalistas tras este segundo encontro no Parlamento, que durou uns 45 minutos, a secretaria autonómica do PP, María José González Revolta, e a secretaria de Organización do PRC, Paula Fernández.

Os populares cántabros destacan que se trata dun acordo de investidura, non de lexislatura. Dende o PRC afirman que o principal obxectivo do acordo é evitar a entrada de Vox no executivo autonómico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade