Publicador de contidos
Publicador de contidos

Junts pide repetir as eleccións catalás no exterior ao alegar "graves irregularidades"

Junts pide repetir as eleccións catalás no exterior ao alegar "graves irregularidades"

Denuncia que unha porcentaxe significativa de votos do censo exterior non foron escrutados por "supostos" defectos formais

G24.gal 18/05/2024 19:53

Junts presentou un recurso ante cada unha das Xuntas Electorais Provinciais de Cataluña para pedir a repetición do voto do Censo dos Españois Residentes Ausentes (CERA).

O partido liderado por Carles Puigdemont explica que a repetición sería pertinente xa que "se vulneraron os dereitos dos electores”.

Sinala, en concreto, que en cada unha das demarcacións hai unha porcentaxe de votos do CERA que “non se introduciron na urna ou foron destruídos”. Especifica que “esa destrución de votos emitidos foi precipitada e realizouse de forma indebida, vulnerando tanto o dereito dos electores como das candidaturas, xa que non se respectou o transcurso dos prazos legais de impugnación”.

O cómputo do voto exterior non cambiou os resultados dos comicios. En LLeida era onde se presentaba como máis factible que o PSC perdese un escano en favor de Junts, pero finalmente mantivéronse case intactas as distancias previas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade