Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo pide o voto masivo porque España non pode ser refén de Sánchez e Puigdemont

Feijóo pide o voto masivo porque España non pode ser refén de Sánchez e Puigdemont

O líder do PP participa nun acto de precampaña en Cieza, Murcia

Advirte de que España, e o sector primario, teñen moito en xogo nas eleccións europeas

Nuñez Feijóo, en Cieza, Murcia
G24.gal 18/05/2024 14:18 Última actualización 18/05/2024 14:41

O presidente do Partido Popular dixo este sábado nun acto en Murcia que España non pode ser refén da partida de póker que están xogando Pedro Sánchez e Carles Puigdemont para manterse no poder.

Alberto Núñez Feijóo advirte de que España se xoga moito nas eleccións europeas do 9 de xuño e anima a todos os cidadáns a votar para dar unha resposta ás políticas do Goberno.

Nun acto en Cieza, Murcia, o presidente do partido popular acusou a Pedro Sánchez de "ningunear e desprezar o agro, como demostra -dixo-, que elixa a vicepresidenta Teresa Ribera como cabeza de lista para as eleccións europeas".

Nuñez Feijóo asegura o PSOE non é a resposta aos problemas do agro, senón o problema e que engade que se os gandeiros e pescadores votan masivamente os socialistas perderán o 9 de xuño.

"Mentres Sánchez e Puigdemont xogan ao póker cos nosos cartos e coas institucións, nós falamos das solucións, mentres non deixan de mirar o embigo, nós miramos á cara e dicímoslles que o 9 de xullo respondan á situación política de España (...) Deixemos os políticos egocéntricos e dicímoslles que España non está á venda e que os propietarios non son Sánchez e Puigdemont".

E se gañan as eleccións, esixirán que sexa o Partido Popular europeo quen elixa a comisaria de agricultura e a que as relacións da UE con terceiros países inclúan cláusulas de competencia leal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade