Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP asegura que Vox votará de novo este venres en contra da investidura de Guardiola

O PP asegura que Vox votará de novo este venres en contra da investidura de Guardiola

Fontes do PP aseguran que a formación de Abascal trasladoulles que non apoiarán un goberno de centro dereita en Estremadura

O PP culpa a Vox de impedir que a gañadora das eleccións, cun 43,1% dos votos, goberne Estremadura (EFE/ Jero Morales) O PP culpa a Vox de impedir que a gañadora das eleccións, cun 43,1% dos votos, goberne Estremadura (EFE/ Jero Morales)
G24.gal 05/03/2026 22:35

O Partido Popular asegura que Vox trasladoulle que este venres votará de novo en contra da investidura da popular María Guardiola como presidenta da Xunta de Estremadura. O PP critica que a formación de Santiago Abascal xunte os seus votos cos do PSOE para impedir que goberne a candidata da lista que logrou o 43,1% dos votos nas eleccións autonómicas.

Fontes do PP aseguran que o "non de Vox leva xa varios días decidido, "e probablemente non garde relación coas conversacións mantidas en Estremadura senón que obedeza a factores externos".

Estas mismas fontes sinalan que "nunca pensamos que o partido de Santiago Abascal uniría os seus votos ao partido de Pedro Sánchez en contra dun goberno do Partido Popular". De feito inciden en que "algo tivo que pasar" para que unha formación cuxo presidente, Abascal, militou no seu día no PP, prefira agora unir os seus votos os do PSOE.

O PP confía en que recapaciten antes da sesión de investidura.  "E se non o fan, que o fagan nos próximos dous meses, e que o bloqueo que endosarán mañá aos cidadáns de Estremadura non o estendan a outros territorios", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade