Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP acusa o ministro do Interior de ser cómplice dos ataque á UCO e pide a súa dimisión

O PP acusa o ministro do Interior de ser cómplice dos ataque á UCO e pide a súa dimisión

Fernando Grande-Marlaska di que no Goberno de Pedro Sánchez "non hai fontaneiros"

O ministro do Interior durante a sesión de control ao Goberno no Senado
G24.gal 27/05/2025 19:47 Última actualización 27/05/2025 20:00

O PP pediu no Senado a dimisión do ministro do Interior. Acúsano de ser cómplice dos ataques á UCO.

"Agora poñen en dúbida a profesionalidade dunha unidade tan prestixiosa na persecución dos delitos como a UCO. Aínda está a tempo de dimitir, señor Grande-Marlaska. Leve consigo o señor Sánchez. Pero antes pidan perdón aos xuíces e á UCO, é o menos que poden facer", dixo Severiano Cuesta Alonso, senador do PP.

"Os ministros do Interior nos gobernos do PP si que eran auténticos fontaneiros. Vostedes si que chegan tarde pedirlle perdón á Garda Civil, á UCO, á policía, aos xuíces e aos fiscais", contestou Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade