O PP acusa a Yolanda Díaz de "feminista de boca" por non pronunciarse sobre a lei do só si é si
A vicepresidenta segunda do Goberno respondeu acusando aos populares de "fariseos"
Na sesión de control ao Goberno no Senado, o PP acusou a Yolanda Díaz de ser "feminista só de boca" por non pronunciarse sobre a polémica da lei do só si é si.
A vicepresidenta segunda volveu evitar posicionarse, pero dixo estar moi "cómoda nun Goberno que recupera dereitos para as mulleres".
"O seu foi e é feminismo de boca. Moita palabra pero cando chega o momento de verdade de defender as mulleres, cando iso realmente queima politicamente, estase moito máis cómoda calada. Iso é feminismo barato, feminismo de boca", dixo Javier Maroto, senador do PP.
"Sabe polo que se caracteriza o Partido Popular? Por seren uns fariseos. Dos avances para as mulleres, persoas LGTBI e trans, sabe o que fixo o seu partido, o PP? Recorrer contra todas esas normas ante o Tribunal Constitucional. Eu síntome moi cómoda nun Goberno que non fai máis que recuperar dereitos para as mulleres, as persoas LGTBI e as trans", respondeu Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno.