Aagesen desbota que Red Eléctrica sufrise un ciberataque e baralla a sobretensión o día da apagada
A ministra de Transición Ecolóxica apunta que as perdas de xeración que se produciron en Granada, Badaxoz e Sevilla puideron deberse a unha "sobretensión" que provocou" a caída en cascada do sistema"
Sara Aagesen explicou que media hora antes do apagamento detectáronse "oscilacións no sistema europeo"

O Goberno desbota que o apagamento do pasado 28 de abril fose un ciberataque. Sinalouno no Congreso a vicepresidenta e ministra de Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, que compareceu a petición propia na cámara baixa.
Aagesen explicou que están facendo unha avaliación completa para saber que aconteceu "antes, durante e despois" do cero eléctrico, e, tras realizar unha primeira análise, "non apareceron indicios de que operador do sistema fose obxecto dun ciberataque".
A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, explicou que as tres perdas de xeración que se produciron antes do apagamento de hai dúas semanas na España peninsular e Portugal tiveron lugar en Granada, Badaxoz e Sevillla.
Ascenderon a un total de 2,2 xigavatios (GW) en apenas 20 segundos.
A primeira situouna nas 12 horas 32 minutos e 57 segundos; a de Badaxoz 19 segundos despois desta e a de Sevilla transcorridos 20 segundos da caída sufrida en Granada.
Sobre as causas do ocorrido, a ministra apunta posiblemente a unha "sobretensión como o elemento desencadeante da caída en cascada do sistema" no momento no que se produciu o cero enerxértico.
A cronoloxía da apagada
A ministra explicou que media hora antes do apagamento detectáronse "oscilacións no sistema europeo". Unha ás 12.03 minutos e que durou "algo menos de cinco minutos" e outra ás 12.19 que "foi amortiguada en tres minutos"." Temos que determinar ata que punto esas oscilacións percibidas trinta minutos antes do cero eléctrico tiveron que ver co incidente eléctrico", dixo.
Segundo dixo, "non nos imos guiar por formulacións políticas que buscan análises simples para problemas complexos". "Falamos dun sistema altamente complexo que vai moito máis aló de culpabilizar unha fonte u outra. Se non fora complexo Europa non daría 3 meses a España e Portugal para remitir o informe do ocorrido e 6 meses as operadoras".
Previamente, na súa resposta ao deputado popular Borja Sémper, Aagesen insistiu en traballar desde o rigor para esclarecer as causas que motivaron ese inédito corte de subministración eléctrica. Non foi "nin un problema de cobertura, nin un problema de reserva, nin un problema do tamaño das redes", sinalou.
"Seguiremos traballando desde o rigor e non facendo hipótese, porque é o que merecen os españois".