O portugués é o maior consumidor de viño do mundo
Cada portugués bebe unha media de 52 litros de viño ao ano
Curiosamente, non é un gran consumidor do viño doce do Porto

Se lles preguntásemos en que país se bebe máis viño, seguro que moitos de vostedes responderían que en Francia, pero a resposta está ben preto: son os nosos veciños portugueses. Eles son os maiores consumidores de viño do mundo.
En concreto, cada portugués bebe de media 52 litros de viño ao ano, os españois beben 26 e están no oitavo lugar. O resto do podío xa é menos sorprendente, complétano franceses e italianos.
Aínda así, o 80 % por cento da produción de viño de Portugal vai para o estranxeiro. Por outro lado, curiosamente, o viño doce do Porto, que sae das caves de Gaia, nunca se consumiu masivamente por parte dos portugueses, era cousa de franceses e británicos, pero dende hai uns anos Portugal púxose á cabeza. Cambiaron de gusto os nosos veciños? Non foi iso, foi o aumento exponencial do turista, que adora tomar viño do Porto nas súas visitas.