O Pontevedra vence á Cultural (1-0) e soña en Pasarón
Un gran gol de Víctor Casais deixou tres valiosos puntos en Pontevedra
O Pontevedra rencontrouse coa vitoria e sumou tres valiosos puntos nun partido en que soubo agardar o seu momento para facer o gol do triunfo.
Á Cultural bastoulle con facer un partido serio, ordenado, para ser superior en Pasarón. Alarcón deu o primeiro aviso. E Álex González respondeu cunha cabezada que foi o a mellor opción granate no partido. Antes do descanso Solís cazou un balón solto e fusilou a Cacharrón. O porteiro é a día de hoxe a peza máis valiosa do Pontevedra.
Á volta do descanso, máis do mesmo. Control da Cultural e inseguridades do Pontevedra. A Cultural chegou máis, con máis perigo, pero non lle deu pra concretar. E o Pontevedra no seu primeiro tiro a porta en toda a segunda parte, minuto 80, concretou. Pase de Yelko e definición de clase do rapaz, de Vítor Casais. Gol de Vítor, cousas do fútbol. 1-0 final. Logo de cinco xornadas de tropezos, o Pontevedra volveu gañar. Triunfo crucial que alimenta a esperanza da permanencia.