O Pontevedra supera o Tenerife (2-1) e agarda por un grande na Copa
Dous goles de Gueye no primeiro cuarto de hora encamiñaron o triunfo
Sufrimento na segunda parte logo do gol de Iván Romero
O Pontevedra comeza a botar contas para ver cantos equipos que non son de fútbol profesional van estar na seguinte eliminatoria e si pode aspirar a xogar contra un grande do fútbol español na seguinte rolda da Copa do Rei.
O primeiro era pasar a segunda eliminatoria, algo que non era doado. Eliminar o Tenerife era unha tarefa complicada pero o partido non puido comezar mellor. Antes do minuto dous o senegalés Gueye marcara o primeiro tanto. E ao cuarto de hora o mesmo centrocampista do Pontevedra era o que anotaba o segundo na súa conta e deixaba moi encamiñado o pase.
O primeiro acto resultou perfecto para o Pontevedra, sen pasar apuros en defensa e controlando o partido en todo momento. A segunda parte foi diferente. O Tenerife amosouse máis ambicioso e recurtou diferenzas cun tanto de Iván Romero no 63. Non houbo demasiadas ocasións pero Cacharrón estivo providencial para intervir no 76 salvando o gol do empate.
Nos últimos minutos os dous equipos quedaron con dez nunha lea na que houbo varios xogadores implicados. O equipo de Antonio Fernández aguantou os seis de engadido e puido celebrar o pase na eliminatoria.